CRTVG

Buscar

A UE proba o novo plan plurianual de pesca para augas occidentais

Publicado o 05/03/2019 20:16

A Unión Europea acaba de aprobar o chamado plan plurianual de pesca en augas do Atlántico, un pacto pesqueiro que afecta o xeito en que poderán facer as súas capturas barcos de seis países comunitarios, entre eles, España. O acordo aféctalles a case cincuenta mil tripulantes que traballen nas augas occidentais europeas

Esas novas normas vanlles afectar ao oitenta por cento das embarcacións galegas, que pescan en augas do Gran Sol, na costa de Francia e no Cantábrico. O pacto pesqueiro do Atlántico simplifica a xestión e dá máis flexibilidade para as especies demersais, que son as que que andan no fondo, e tamén, as do profundo. Especies afectadas son a pescada do sur e a do norte, o bacallau, eglefino, o linguado ou o rapante.

O pacto pesqueiro, que controlará unhas dezaoito mil embarcacións, inclúe medidas para recuperar determinadas especies deterioradas.

Noticias web

05/03/2019