CRTVG

Buscar

A treboada asolaga o paseo de Laxe

Publicado o 18/09/2020 13:43

Outra das vilas que tiveron problemas coas treboadas foi Laxe. Alí, segundo din os veciños, a falta de sumidoiros en condicións que leven a auga da choiva cara ao mar fai que o zona do paseo a carón da praia se encha de auga. Desta volta non causou danos.

Así se puxo o paseo de Laxe en pouco máis de dez minutos. A choiva viña acompañada de sarabia e todo foi escorregando costa abaixo cara ao mar. Pero aquí, segundo os veciños, non hai unha saída para a auga, por non ter uns sumidoiros axeitados.

Un veciño que di que cando chove moito de golpe, baixa a auga dende Santa Rosa, xúntase por todas estas rúas e por esa canaleta que hai aí, como un sumidoiro, sae como se fose unha fervenza. O problema vén de que fixeron uns sumidoiros novos, pero, non sei se Medio Ambiente, Costas ou o Goberno non deixan tocar as dunas. E as dunas non deixan saír a auga. Tería que facer un sumidoiro por debaixo que fora saír ao mar.

Outro que o seu sobriño lle mandou un whatsapp, un vídeo en que se vía todo anegado.

E un terceiro explica que aquí hai pouca saída da auga para o mar. Están a traballar coas máquinas hoxe. Porque non sae a auga das casas.

Esta mañá o panorama era moi distinto. Unha máquina traballaba para facer unha gabia que evite que estes asolagamentos se repitan.

Noticias web

18/09/2020