CRTVG

Buscar

Unha transcrición revela que Trump preguntou polos negocios do fillo de Biden ao presidente ucraíno

Publicado o 26/09/2019 12:07

Desvelado o contido da conversa de Donald Trump co seu homólogo ucraíno, constátase que o presidente dos Estados Unidos indagou con certa insistencia sobre os negocios en Kiev do fillo do seu principal rival político, Joe Biden.

A transcrición non é literal, pero constitúe xa unha das primeiras probas do xuízo político iniciado pola presidenta do Congreso.

Trump preguntouse con retranca se se pode facer un proceso de destitución por iso, mentres o presidente Zelenski negou que se deixase meter presión, dicindo que o único que consegue facer iso é o seu fillo pequeno.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019