CRTVG

Buscar

A tradición americana do 'Black Friday' trae ao país grandes descontos

Publicado o 26/11/2020 22:04

A poucas horas de que comece oficialmente o 'Black Friday' ou venres de descontos as baixadas de prezo increméntanse nos máis dos comercios. Hainos que xa levan toda a semana con ofertas, pero, sen dúbida, o de mañá é o gran día. Por se algunha vez se preguntaron onde vén o 'Black Friday', aquí a resposta.

Vémolo por todas as partes, nos escaparates, nas tendas en liña... Hai un venres ao ano que se deu en chamar 'Black Friday'.

'Black Friday' en inglés porque é unha herdanza dos EUA. Con todo, e por que non, tamén 'Venres negros', os que chegan aos comercios do país cos descontos dun día que xa parece que nos é propio.

Pero non pensen que leva tanto tempo con nós, o primeiro en facelo en España foi o xigante informático Apple, no 2010, dous anos máis tarde e co permiso do Goberno de permitir rebaixas en calquera época do ano quedaría definitivamente instalado.

A orixe, porén, é moito máis antiga. Remóntase ao venres 24 de setembro de 1969, cando dous financeiros americanos fracasaron nas súas operacións e o mercado entrou en bancarrota. De aí o adxectivo, un día negro para o país.

Pero hai máis teorías, como a que defende que o día seguinte á celebración de Acción de Grazas había un gran consumo para mercar as compras de Nadal; e que se ben a crise xa tiña os números en vermello, con estas compras tinguíanse de negro.

última teoría tamén está relacionada coas compras, provén de Filadelfia e refírese ao denso tráfico de xente e vehículos que había este día para ir aos comercios.

Sexa como for, está claro que a tradición chegou aos nosos días e, tamén aquí, parece que chegou para quedar

observatorio Cetelem apuntaba estes días que, pese a pandemia, as vendas soben 12 puntos en España respecto ao ano pasado.

primeira canle, condicionada pola situación, Internet.

Moitos comercios levan toda a semana facendo descontos. Con todo, mañá chegarán ao máximo.

Pero ante tanto desconto, ollo, a OCU advirte, case un terzo dos máis de 2.500 produtos monitorizados en máis de 85 establecementos subiron o prezo nos días previos ao Black Friday.

Oportunidades si pero cómpre sempre miralas con lupa.

Noticias web

26/11/2020