A toxina lipofílica mantén pechados o 58% dos polígonos bateeiros
Non é o mal tempo o que lles impide traballar aos mariscadores e bateeiros estes días. A responsable da paralización da actividade nas rías é a toxina lipofílica, antes coñecida como diarreica. Aféctalles a todas as rías excepto á de Ares e Mugardos. Este episodio obrigou a pechar o 58 por cento dos polígonos bateeiros e tamén impide a extracción de berberecho e ameixa en zonas das rias de Muros-Noia, Pontevedra e Vigo.
Covadonga Salgado, a directora do INTECMAR, explica as zonas afectadas pola toxina: "As análises actualízanse duas veces ao día. Os útimos resultados convidan ao optimismo, pero aínda non se pode prever a fin deste episodio".
Malia que é improbable que os moluscos das zonas afectadas cheguen ao mercado porque o control é estrito, cómpre lembrar que consumir moluscos con toxina pode provocar serios problemas gastrointestinais.