CRTVG

Buscar

A Torre de Hércules recibe os primeiros visitantes despois de máis de tres meses pechada

Publicado o 04/07/2020 21:03

Había moitas ganas de volver. Máis de tres meses despois a Torre de Hércules recibe visitantes, agora cun protocolo de seguridade rigoroso. Unha guía turística acompaña cada grupo, só un máximo de quince persoas en cada quenda. O primeiro día deixa boas sensacións. Hai visitas cada hora. Os que conseguiron entradas para a reapertura son turistas nacionais.
Máscaras, xeles hidroalcólicos, itinerarios diferenciados para entrar e para saír... case todo é diferente, pero permanece intacta a marabillosa sensación de asomarse ao Atlántico desde o balcón do faro romano.

Noticias web

04/07/2020