CRTVG

Buscar

A Torre de Hércules reabre as súas portas tras dar negativo nas PCR todos os traballadores

Publicado o 08/09/2020 17:25
A Torre de Hércules reabre as súas portas tras dar negativo nas PCR todos os traballadores

A Torre de Hércules reabrirá este mércores as súas portas tras confirmarse que todos os traballadores que prestan servizo no faro romano e que estaban pendentes de realizar a proba PCR resultaron negativo.

Así o informa Turismo da Coruña, que tamén precisa que volverán abrir as súas portas as oficinas de atención ao turista "tras saber que os traballadores non están contaxiados pola covid-19".

Tanto a Torre de Hércules como as oficinas reabrirán seguindo as exhaustivas medidas sanitarias que había ata o de agora para facer destas instalacións "un lugar seguro tanto para traballadores como visitantes".