CRTVG

Buscar

A torre da Carraca de Santiago abre por primera vez ao público

Publicado o 31/07/2020 14:56

No momento máis delicado para o turismo, Santiago de Compostela suma un novo atractivo que é tamén un acontecemento histórico. A torre da Carraca da catedral de Santiago abre por primera vez ao público xeral para visitas cultutais.

É a torre xemelga á torre das Campás, e permite descubrir unha perspectiva inédita sobre a cidade; unha perspectiva espectacular. E, ademais, permite comprobar a pegada que deixaron na arquitectura do templo as súas distintas fases construtivas.

"A torre da Carraca é por este instrumento; a carraca tócase dúas veces ao ano: o venres santo e o sábado, e nada máis", explica Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral de Santiago.

Tan excepcional coma ese son da carraca sobre os tellados de Santiago é esta apertura histórica da torre norte ás visitas culturais. E xera expectación, malia os seus 140 chanzos.

Superada a proba física da escalada á torre, espera arriba unha nova visión de Compostela.

Dende arriba vémonos aínda máis rodeados de beleza, máis medievais e máis verdes. Entre o Pedroso e o Gaiás, unha cidade de pedra, de claustros, de persoas que se enriquecen na interacción. Un agasallo para os sentidos que chega no momento máis dificil para o turismo.

"Pensamos que era o momento para, en fin, tentar apoiar deste xeito tamén a actividade da cidade", explica Daniel Lorenzo.

A visita, de quince e quince, con calma, e cunha app que ofrece información sobre construción da torre.

Unha lección de historia viva que nos permite mirarnos douto xeito.

Noticias web

31/07/2020