CRTVG

Buscar

A tormenta tropical Eta deixa preto dun cento de mortos e 200 desaparecidos

Publicado o 09/11/2020 15:29
A tormenta tropical Eta deixa preto dun cento de mortos e 200 desaparecidos

A tormenta tropical Eta marcha cara á Florida logo de deixar un regueiro de destrución ao seu paso pola parte central de América e polo sur de México.

A forte chuvia que cae desde hai case unha semana deixaron preto dun cento de vítimas mortais, case douscentos desaparecidos e danos materiais incalculables.

A tormenta provocou o rebordamento de ríos e regatos e a lama e as rochas sepultaron ducias de vivendas.

Noticias web

09/11/2020