CRTVG

Buscar

A tormenta tropical en Filipinas deixa 85 mortos e 200.000 desprazados

Publicado o 02/01/2019 19:02

En Filipinas aumentan a 85 os mortos polas inundacións que deixa ao seu paso unha tormenta tropical. As imaxes falan por si soas. Hai case 200.000 desprazados, ademais de ducias de feridos e unhas 20 persoas que continúan desaparecidas.

As autoridades xa declararon o estado de urxencia en Camarines del Sur, para axilizar as axudas para os afectados e para reparar a rede de infraestruturas. Esta catástrofe chega poucos días despois dun terremoto de 6,9 que sacudiu a parte sur do país.

Noticias web

02/01/2019