CRTVG

Buscar

A tormenta Eta deixa once mortes e graves danos en infraestrutura e cultivos en Honduras

Publicado o 05/11/2020 22:22

A depresión tropical Eta deixou en Honduras polo menos once persoas mortas, miles de damnificados, algúns desaparecidos, e destruíu cultivos agrícolas, vivendas, estradas, pontes e outra infraestrutura polas severas inundacións por mor da choiva.

As rexións caribeñas norte e occidental levaron a peor parte das inundacións causadas por Eta, que o mércores entrou a Honduras como tormenta tropical e causou, ademais, cortes de estradas.

Noticias web

05/11/2020