CRTVG

Buscar

A terceira vaga decrece a menor ritmo, cunha lixeira suba das hospitalizacións

Publicado o 01/03/2021 09:53

Tras un mes en descenso, o ritmo de baixada dos casos activos desacelérase nos últimos días. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 5.207 casos activos, 278 menos ca onte. Se comparamos esta diferenza coas semanas anteriores, vemos que o luns 22 era de 550; o 15, de 693, ou o 9, de 794.

Houbo 104 novos casos detectados (101 por proba PCR), a menor cifra dende agosto.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos é a seguinte:

A Coruña: 1.711 (-99)

Vigo: 871 (-56)

Pontevedra: 753 (-30)

Santiago: 569 (-19)

Lugo: 500 (-11)

Ferrol: 512 (-32)

Ourense: 291(-31)

Lixeira suba nas hospitalizacións

No que respecta aos hospitais, a cifra de persoas ingresadas aumenta en catro: hai 536 persoas nos hospitais, 431 en planta (+7) e 105 nas UCI (-3). O número de persoas nas UCI é o menor dende o 18 de xaneiro.

Onte notificouse a morte de once persoas por mor da covid−19 en Galicia, que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.238.

Menos contaxios dende agosto

Detectáronse 104 novos casos, 101 deles mediante de PCR, a menor cifra dende agosto. O número de probas PCR realizadas foi de 4.874, 1.771 menos ca onte., e iso revela unha taxa de positividade de 2,07 %.

 

Mapa de incidencia acumulada por concellos

Máis sobre actualidade