CRTVG

Buscar

A terceira edición do Festival da Arte da Ilustración celébrase baixo o título "Allariz debuxado"

Publicado o 26/01/2019 18:28

Andan estes días en Allariz empeñados en facer voar a imaxinación de todos os que pasean pola vila. Celebran por terceiro ano consecutivo o seu Festival da Arte da Ilustración. Unha iniciativa que deixa a súa pegada nas rúas e tamén nas moitas actividades pensadas para aqueles que ven no debuxo non só a beleza que plasman os artistas a través das súas obras, senón tamén a posibilidade de contar todo tipo de historias. Chámase "Allariz debuxado".

Pasear estes días por Allariz é todo un agasallo para os amantes do debuxo. Dende hai tres anos ilustradores, editores e alumnos das escolas de arte achéganse ata aquí unha vez ao ano para contar, debuxar e amosar os seus traballos. Hai, claro, autores e creadoras de renome, pero non vaian pensar que en Galicia non hai canteira.
E algo está a pasar coa ilustración, a novela gráfica e a banda deseñada. Son libros fermosos esteticamente, pero, ademais, en moitos casos achéganse tamén a temas de actualidade que interesan a un público adulto.

E hoxe aquí na súa Feira da Creación están tamén os novos valores amosando os seus traballos. Todo contribúe a que o sector viva un dos seus mellores momentos dos últimos vinte anos. E todo apunta a que seguirá medrando cunha meT e stura de talento e creatividade disposta a chegar a todo tipo de público.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2019