CRTVG

Buscar

A tecnoloxía e as novas formas de consumo fan que os mercados se renoven

Publicado o 09/10/2019 14:29

As prazas de abastos reinvéntanse para adaptarse ás necesidades dos clientes. O Eusebio da Guarda da Coruña, por exemplo, ofrece os seus produtos de proximidade on-line e tamén a través das redes sociais con novas receitas e servizos para promocionar os mellores produtos do mercado.

Cada día Pedro escolle os mellores peixes da Praza de Lugo ao gosto dunha clientela que non para de medrar. A empresa Kibus ofrece peixe, froita e produtos de proximidade sen moverse da casa.

Cada pouco van incorporando novos servizos como é o caso dos almorzos das fins de semana. A través dun pedido on-line é posible recibir na casa un almorzo completo recén preparado con productos locais.

Canda estes novos servizos, os praceiros da Coruña acaban de crear unha conta de instagram na que presentan receitas e servizos para a clientela.

Novos servizos e os mellores produtos a demanda dun consumidor cada vez máis esixente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019