CRTVG

Buscar

A taxa Google supera o primeiro trámite parlamentario

Publicado o 04/06/2020 21:00

Este mediodía votouse no Congreso o novo imposto para determinadas actividades dixitais, a chamada taxa Google. Superou o primeiro trámite parlamentario co apoio do PNV, Esquerra e o PdeCat, entre outros grupos.

Quedaron rexeitadas as tres emendas que pedían a retirada do proxecto, defendidas por PP, Vox e Ciudadanos. As tres forzas opóñense a novas subas de impostos e critican que a taxa non estea consensuada no marco internacional. A ministra de Facenda di que é un imposto xusto e progresivo, que reforzará o estado do benestar, e que era necesario pola modernización da economía.

Que é?

O imposto sobre determinados servizos dixitais gravará empresas que facturen máis de 750 millóns de euros a nivel mundial e 3 millóns en España. Terán que pagar o 3% dos ingresos que obteñan pola publicidade dirixida en liña, os servizos de intermediación e a venda de datos obtida a partir da información proporcionada polo cliente.

A taxa non gravará o comercio electrónico nin a compravenda entre particulares. As empresas terán que pagar o imposto trimestralmente, aínda que o Goberno atrasará a primeira liquidación ata finais de ano. O obxectivo é consensuar unha medida semelllante a nivel europeo e evitar así as represalias coas que ameazan os Estados Unidos, sede da maioría das compañías afectadas.

Noticias web

04/06/2020