CRTVG

Buscar

A taxa de pobreza dispárase na Arxentina

Publicado o 01/10/2019 12:15

A pobreza na Arxentina disparouse no primeiro semestre do ano e alcanza xa ao 35 por cento da poboación.

Son os peores datos da presidencia de Macri e tamén os peores desde o ano 2008. En total, o número de pobres no país é xa de case dezaseis millóns de persoas.

As cifras coñécéronse onte, cando falta menos dun mes para que se celebren as eleccións presidenciais.


 

Noticias web

01/10/2019