CRTVG

Buscar

A tarxeta básica para familias con poucos ingresos poderá solicitarse desde mañá

Publicado o 30/06/2020 14:28

Mañá ábrese o prazo para solicitar a tarxeta básica, que se entregará nun máximo de 72 horas. Beneficiará 30.000 familias galegas con poucos ingresos, que poderán comprar con ela produtos de alimentación, hixiene e farmacia en calquera establecemento. A Xunta asinou un convevio para pedila a través de Cruz Vermella, e tamén dos servizos socias dos concellos.  

"Recargarase mes a mes cunha cuantía trimestral de 400 euros, se é unha familia dunha persoa. Seiscentos euros se é unha familia de dúas persoas. E 900 euros para familias de tres ou máis persoas. O noso obxectivo é que aquí en Galicia ninguén quede atrás", explicou a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Noticias web

30/06/2020