CRTVG

Buscar

Os aludes impiden rescatar o operario dunha máquina quitaneves desaparecido en Asturias

Publicado o 03/01/2021 20:54

No porto asturiano de San Isisdro foi imposible, durante toda a xornada, continuar coa procura do cadáver do operario da máquina quitaneves accidentada. Houbo unha primeira tentativa matinal de achegarse de novo ao vehículo, que aparereceu estragado na tarde de onte, pero foi imposible polo risco constante de avalanchas.

Había máis neve e tamén estaba máis húmida e pesada: "Na parte baixa están caendo estes aludes e na zona onde foi o accidente moito máis. A nós non nos caeu o alude; por enriba de nós, a uns douscentos ou trescentos metros metros, vímolo caer", explicaba a primeira hora da tarde Rubén Vallina, xefe do operativo de rescate do 112. 

O rescate queda en compás de espera sen data de reinicio. Terá que agardar ata que o tempo dea unha tregua: "Ata que non melloren as condicións non podemos, porque alí é inviable traballar", indicaba Rubén Vallina.

Desde o operativo, integrado por unhas oitenta persoas, insisten en que "non habería vía de escapatoria" para os rescatadores en caso de aludes se non melloran as condicións meteorolóxicas. Din que que a seguridade é fundamental para non engadir unha traxedia á xa existente.

Estaba previsto realizar esta maña a busca con drons e un helicóptero ía facer un voo de recoñecemento, pero a mediodía decidiuse anular calquera tentativa porque seguía nevando copiosamente.

Noticias web

03/01/2021