CRTVG

Buscar

A suba das pensións centra o debate electoral

Publicado o 08/10/2019 15:02

Na presentación do seu programa, Pedro Sánchez prometeu subir as pensións do ano que vén co IPC, e dixo que o aprobaría en decembro. O máis probable é que, un mes despois das eleccións, o Goberno siga en funcións e xurdan dúbidas xurídicas sobre se un executivo interino pode aprobar unha medida desta envergadura. Por iso, nas últimas horas o socialista matizaba a súa promesa deixando no aire a data.

"O compromiso do Goberno de España, do PSOE, é que despois do dez de novembro imos revalorizar as pensións para os xubilados conforme ao IPC real", volvía prometer hoxe diante da súa militancia.

O resto de partidos critican o anuncio por electoralista.

Para Irene Montero, de Unidas Podemos, "detrás desa proposta hai unha mentira bochornosa. Se queren vencellar as pensións ao IPC, por que non o fixeron por lei mentres durou a lexislatura, mentres gobernaban?".

O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, cre que "xa chega de mentirlle á xente, de dicir que van subir as pensións sós cando non se poden subir sen consensos como o pacto de Toledo".

A Pablo Casado parécelle "demogóxico e electoralista meter as pensións nun mitin e ademais anunciar algo que non lle corresponde a un goberno en funcións".

Aínda así, o PP apoiaría a suba se se chegase a tramitar pola vía de urxencia no Congreso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019