CRTVG

Buscar

A Soyuz logra acoplarse á Estación Espacial logo do intento frustrado do sábado

Publicado o 27/08/2019 10:36

Esta madrugada, a nave Soyuz MS-14 acoplouse á Estación Espacial Internacional. A tensión era máxima, tras o primeiro intento frustrado do sábado. No aparello só viaxaba un androide ruso chamado Fiódor, que permanecerá dúas semanas na estación espacial. Neste tempo levará a cabo diversos experimentos dos que irá informando nas súas propias redes sociais e despois volverá á Terra.

Os rusos teñen moitas esperanzas depositadas nel e agardan convertelo no primeiro androide que pise a superficie da Lúa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/08/2019