CRTVG

Buscar

A situación do Deportivo desata o enfrontamento entre club e afección

Publicado o 18/11/2019 16:02

Carmelo del Pozo nin dimite nin o destitúen. Non hai cartos. Todo está limitado no Deportivo. 

Pintadas en Riazor dun sector pequeno da afección que simbolizan o malestar xeral. Pintadas na casa de Del Pozo que vive a carón do estadio.

Pero non hai cambios, non hai decisións, o sexto orzamento da categoría non responde futbolisticamente. Con todo, o vestiario non se agocha, para abordar as cuestións futbolísticas, emocionais e sociais.

Moito malestar na afección e frustración no equipo. Así de revolto está o Deportivo. As discusións subiron de ton no vestiario tras a derrota en Estremadura.

Tras o partido, Dani Giménez pediu que quen non poida se bote a un lado. Bóveda sae ao paso. O vasco pide á afección que non se desconecte do equipo.

Noticias web

18/11/2019