CRTVG

Buscar

A sinatura de hipotecas medrou un 70 % en Galicia no mes de setembro

Publicado o 30/11/2020 21:01

No último mes de setembro, en Galicia asináronse 1.050 hipotecas para vivendas. É un 33 por cento máis que no mes anterior e un 68 por cento máis que en setembro do ano pasado.

Datos que chegan en plena pandemia e que, segundo os expertos, constatan que, tras meses estancado, o mercado inmobiliario empeza a repuntar.

Santiago Doueihi, responsable de Quatrium Inmobiliaria, "os meses de marzo, abril, maio e xuño era todo incerteza. Despois empezamos a notar un incremento espectacular"

Cambiou a tendencia e tamén a maneira de mercar unha vivenda.

Santiago Doueihi, responsable de Quatrium Inmobiliaria, "pisos e casas con mellor ubicación, con máis espazo, con máis luz, con terraza... agora vemos de maneira diferente o feito de mercar unha vivenda"

A constitución de hipotecas creceu en toda España, pero en Galicia catro veces máis que a media estatal. Os economistas confirman que a baixada do euríbor favorece esta situación. E que, nesta crise, moitos cidadáns ven no mercado inmobiliario un refuxio para os seus aforros.

Noticias web

30/11/2020