CRTVG

Buscar

A sesión solemne de inicio de lexislatura, sen convidados nin actuacións

Publicado o 08/09/2020 09:23

A pandemia vai centrar sen dúbida os novos retos do Goberno galego. Dende un punto de vista sanitario, con titular da carteira novo no cargo, pero tamén dende unha perspectiva económica. Feijóo reforza a carteira de Economía, asociada a unha vicepresidencia. En Educación, Román Rodríguez, que volve asumir as competencias, citou para mañá o Consello Escolar de Galicia para trazar a folla de ruta dun curso que se prevé complicado. Todos os conselleiros e conselleiras comparecen no Parlamento para explicar os seus obxectivos.

No lexislativo a actividade plena desenvolverase a partir deste mediodía coa celebración da sesión solemne de inicio de lexislatura.

Unha sesión que non vai ter nada que ver coas anteriores polas medidas de prevención por causa da COVID−19. Tradicionalmente, neste acto, ademais do discurso do presidente da cámara, adoitaba haber algunha actuación musical e estaban convidados representantes de toda a sociedade galega. Pero iso non vai ser posible nesta ocasión.

 

 

Noticias web

08/09/2020