CRTVG

Buscar

A segunda onda da pandemia podería obrigar 300.000 autónomos a pechar

Publicado o 28/10/2020 14:40

Un dos sectores máis prexudicados pola pandemia é o dos autónomos, que advirten das consecuencias económicas desta segunda onda.

Case o 10 por cento dos autónomos, uns 300.000, prevén que terán que pechar o seu negocio. Isto suporía uns 500.000 empregos menos, segundo o barómetro que realizou a Federación de Autónomos en outubro.

O estudo di que ese mes cesaron a actividade outros 300.000 traballadores por conta propia, e estima que un millón de autónomos están en risco. Dende ATA advirten de que se aveciña un desastre se non se toman medidas.

 

Noticias web

28/10/2020