CRTVG

Buscar

A romaría de San Amaro reúne centos de devotos

Publicado o 15/01/2020 14:43

Se pensabamos que coa despedida do Nadal chegada a fin das celebracións por un tempo, estabamos equivocados. A romaría de San Amaro encárgase de inaugurar o calendario de festas deste ano. E aínda que se festexa noutros puntos da nosa comunidade, a de Matamá é unha das máis multitudinarias.

Ata esta capela achéganse moitos devotos para realizar as súas ofrendas a San Amaro por ser un santo especialmente milagreiro naquelas enfermidades relacionadas coa reuma.

Ademais da celebración relixiosa, coa súa misa solemne e a tradicional procesión, os romeiros teñen tempo para repoñer forzas e quentar o corpo. Neste senso, a música é un grande aliado.

A romaría de San Amaro celébrase cada 15 de xaneiro e é unha das máis madrugadoras do noso calendario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020