CRTVG

Buscar

A fermosura da Ribeira Sacra fai que resista como destino na era da covid-19

Publicado o 11/07/2020 15:39

Tempo solleiro e caloroso na provincia de Ourense, o que está a animar a chegada de turistas á provincia. A Ribeira Sacra é o destino turístico máis destacado, elixido por moitos galegos e tamén visitantes de fóra de Galicia que chegan para pasar uns días de descanso en contacto coa natureza. As expectativas son moi boas na zona e malia o coronavirus as reservas están ao 90% no parador de Santo Estevo. 

Moitos visitantes están a chegar estes días á Ribeira Sacra, unha das zonas máis valoradas polos turistas. As reservas resisten a pandemia e a ocupación no parador de Santo Estevo está xa case ao completo.

Natureza, patrimonio, gastronomía e tranquilidade converten esta zona das provincias de Ourense e Lugo nun referente.

Máscaras e medidas de hixiene tamén para os paseos en catamarán polo Sil, que saen cun 70% das prazas pero con ata seis viaxes ao día nas fins de semana.

Sol, calor e unha paisaxe única para relaxarse este verán diferente na era da covid-19.

Noticias web

11/07/2020