CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra promove o turismo inclusivo

Publicado o 30/09/2019 15:02

O proxecto, que botará a andar de xeito experimental no concello lucense de Ferreira de Pantón, busca achegarlle a Ribeira Sacra a colectivos con algún tipo de discapacidade. Traballarán cos axentes locais para desenvolver recursos e metodoloxías cos que ofertarlle actividades turísticas axeitadas as súas necesidades.

O proxecto, incluído no programa O teu Xacobeo, contará con accións formativas para os axentes locais e pulsará a opinión dos colectivos con discapacidade antes de poñelo en marcha.

Buscan din, que a accesibilidade sexa un dos sinais de identidade do concello e co tempo de toda a Ribeira Sacra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/09/2019