CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra, destino de moda para as caras máis coñecidas

Publicado o 23/07/2019 17:03

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco está en proceso. Saberemos que ocorre dentro duns meses. Mentres, as ribeiras do Miño estanse a converter en destino de moitos rostros populares que buscan un paraíso alternativo.

"Saltando á cor esmeralda", poñía Eva Amaral na súa conta de Instagram hai tan só uns días cando colgaba este vídeo. Un baño en solitario na augas do Sil que podería ser a fantasía de calquera que foxe dos destinos masificados.

Pero Eva Amaral non é a única que descubriu o patrimonio natural e cultural da Ribeira Sacra. A mesmísima Olivia Newton-Jon andou estes días tamén por Ferreira de Pantón gozando da boa gastromía.

E se botamos unha ollada ás redes, quizais poidamos falar xa da Ribeira Sacra como tendencia. Eugenia Martínez de Irujo cambiaba unha viaxe ao Caribe por uns días de descanso entre as máis de 550 especies vexetais que atesoura esta zona.

A natureza, a historia, as viñas en solcalcos, unha das caracteríscas da súa paisaxe chamaron tamén a atención de Carla Royo-Villanueva que, ademais de aristócrata, é blogueira de viaxes. Fala nos seus artigos do aroma e sabor dos viños das máis de cen adegas con Denominacion de Orixe.

Os Canóns do Sil, as rutas en catamarán e a paisaxe son outros dos grandes atractivos. Futbolistas ou ex-futbolistas, de Butragueño ata Cristiano Ronaldo, xornalistas como Jesús Cintora, teñen colgadas as súas fotos percorrendo os canóns. E mesmo hai quen fixo do goce traballo e lle botou glamour á vendima. Pero Antonia Dell'ate só hai unha. Mellor non o intenten con tacóns.

A Ribeira Sacra non precisa de modas. Para nós sempre é tendencia.



 

Noticias web

23/07/2019