CRTVG

Buscar

A Ribeira Sacra, a un mes de presentar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade

Publicado o 11/01/2020 17:49

A Ribeira Sacra impón os seus encantos entre a néboa. O vindeiro mes de febreiro preséntase a candidatura ante a Unesco de cara a súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Co traballo xa feito, alcaldes da zona confían en que supere o trámite.

 Patrimonio arquitectónico, natural e cultural danse cita nesta paraxe que cada ano recibe máis visitantes.

Será no 2021 cando se coñeza se a Unesco vai incluir a Ribeira Sacra na lista de Patrimonio Mundial. Mentres tanto, só queda gozar dun lugar único.
 

Noticias web

11/01/2020