CRTVG

Buscar

A ría de Vigo, escenario da rodaxe do novo filme de Ignacio Vilar, 'María Solinha'

Publicado o 30/08/2019 16:47

Son cinco semanas de rodaxe arredor da lenda de María Soliña, pero cun pé na actualidade.

A figura de María Soliña terá a súa ficción no cine. Ignacio Vilar dirixe este filme participado pola Televisión de Galicia que se está a rodar en escenarios da ría de Vigo. A película achégase á canguesa cunha actualización do seu mito ao século vinte e un.

Un dragón que, metaforicamente, no século dezasete era a Inquisición. Pero cal sería o actual?

No filme, o debut da actriz Grial Montes como María Soliña e xunto a ela preto de 30 nomes como Laura Míguez, Mabel Rivera ou Santi Prego nunha chea de localizacións da zona sur de Galicia. Ata o 20 de setembro, María Soliña no imaxinario.

 

Noticias web

30/08/2019