A RFEF insístelle a Tebas para que valore unha liga de 24
Publicado o 12/08/2020 22:18
A Federación Española de Fútbol vólvelle insistir á Liga para que valore a posibilidade dunha Segunda División de 24 equipos. O secretario xeral da Federación volve enviar un escrito a Tebas propoñéndolle a liga de 24 como solución á situación caótica en que se meteron.
Nesta ocasión pon unha data límite para que Tebas responda. O presidente da Liga ten que aceptar ou rexeitar a proposta antes do vindeiro venres ao mediodía.
O CSD, Deportivo, Fuenlabrada e Numancia recibiron copia deste escrito.