CRTVG

Buscar

A RFEF asegura que as competicións non profesionais volverán cando se poida garantir a seguridade sanitaria

Publicado o 10/08/2020 22:11

As federacións territoriais decidirán cando volver en consonancia coas autoridades sanitarias

Estamos pendentes do regreso da Segunda B, a Terceira, e todas as categorías non profesionais. Esta mañá, a Federación Española mantivo unha xuntanza coas federacións territoriais. Despois da xuntanza, a Federación Española publicou un comunicado onde asegura que para que se reinicien as competicións ten que estar garantida a seguridade e salienta que é falso que propuxesen atrasar o inicio das competicións ao mes de xaneiro. Subliña que a seguridade sanitaria debe ser compatible coa volta inmediata ás competicións.

Ademais, informa que delega a decisión de cando volver a cada unha das federacións territoriais, sempre que conten co visto bo das autoridades sanitarias da súa comunidade autónoma. Engade, finalmente, que cando aprobe o inicio dalgunha das competicións avisará con 30 días de adianto.

A esa xuntanza acudiu o presidente da Federación Galega, Rafael Louzán. Así a valoraba nos micrófonos da Radio Galega.

Noticias web

10/08/2020