CRTVG

Buscar

A revolución tecnolóxica centra o congreso dos historiadores da comunicación

Publicado o 26/09/2019 15:37

A revolución tecnolóxica dos últimos anos introduciu cambios esenciais nos nosos hábitos cotiás, incluído o xeito de acceder á información. Os medios están inmersos nese proceso de cambio que, neste congreso dos Historiadores da Comunicación, cualifican de desbordante.

Jaume Guillamet, presidente da Asociación de Historiadores da Comunicación: "Os cambios deste cuarto de século foron intensos, rápidos, sorprendentes, incluso, ía dicir devastadores, pero quizais esa non sexa a palabra, mellor desbordantes. Son superiores aos de catro séculos de imprenta".

Segundo Guillamet, catedrático da Universidade Pompeu Fabra, hai unha medida esencial para adaptarse a eses cambios.

"Tomar a iniciativa, non ir ao remolque. Aceptar que o mundo dixital é irreversible e que nos pode seguir sorprendendo".

Unha revolución irreversible que analizan polo miúdo neste encontro, na facultade compostelá de Ciencias da Comunicación, en que participan especialistas de distintos lugares do mundo, como O Brasil, Portugal, Italia, México, Perú, Costa Rica e O Uruguai.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019