CRTVG

Buscar

A revisión catastral provocou a suba do IBI en 22 concellos galegos

Publicado o 09/10/2020 13:57

Ata 22 concellos galegos, 1.100 en toda España, solicitaron o pasado ano unha revisión catastral. Isto supuxo un encarecemento no recibo que pagaron os seus veciños nas últimas semanas, cun aumento do 3 por cento na base impoñible e un maior control.

Algúns concellos estiveron moitos anos sen subir o IBI e fixérono agora. Pero para aliviarlles a carga aos contribuíntes teñen a opción de fraccionar o pagamento do imposto. O IBI supón de media case o 30 por cento do orzamento total dos concellos.

Noticias web

09/10/2020