CRTVG

Buscar

A residencia Os Gozos no Pereiro de Aguiar ten 45 positivos máis entre usuarios e traballadores

Publicado o 10/10/2020 15:16

Soben os casos positivos na residencia Os Gozos no Pereiro de Aguiar . Desde onte hai 41 novos positivos entre os usuarios e 4 máis entre os traballadores. No cómputo total son xa 153 maiores contaxiados e 29 empregados. Funcionarios e persoal médico da Xunta facíanse onte cargo deste centro da Fundación San Rosendo.
Séguese tamén con preocupación a evolución noutra residencia ourensá, a de Val de Monterrei. Hai 10 casos positivos máis ca onte entre os anciáns residentes,  o que xa fai un total de 57 contaxiados. Outros 10 empregados deron tamén positivo, polo que son xa 16 os contaxiados.
Desde a Consellería de Política Social insisten en que se segue a inspeccionar todas as residencias de Galicia para comprobar que se cumpren todos os protocolos sanitarios.

Noticias web

10/10/2020