CRTVG

Buscar

A residencia DomusVi de Cangas, sen positivos en coronavirus

Publicado o 02/06/2020 15:50

A residencia DomusVi de Cangas foi unha das máis castigadas por coronavirus xunto coa de Barreiro na área metropolitana de Vigo. Dende esta fin de semana contabiliza cero positivos nas súas instalacións. Unha nova situación que lles dá certa tranquilidade, sen esquecer todo o vivido nos últimos meses.

Os últimos dous infectados por coronavirus nesta residencia de Cangas deron negativo nas probas que lles practicaron esta fin de semana. 

Queren avanzar pero sen esquecer o que viviron estes meses. Nesta residencia prepáranse para unha nova normalidade e non falan de victoria, senón de pequenos avances.

Sen esquecer os falecidos, organízanse para pasar de fase arestora na cero que impide, de momento, a visita dos familiares. Os seus esforzos céntranse agora en recuperar animicamente os pacientes e devolvelos emocionalmente a esta nova realidade.

 

Noticias web

02/06/2020