CRTVG

Buscar

A residencia de Panxón recibe os primeiros maiores de xeriátricos afectados

Publicado o 03/04/2020 14:55

O realoxo estase facendo pouco a pouco a medida que se van coñecendo os resultados das probas. Polo momento, as primeiras catro persoas que confirmaron o negativo en COVID-19 xa foron trasladadas ata este centro de tempo libre convertido en xeriátrico.

Espérase que ao longo do día cheguen máis usuarios das residencias de DomusVi de Vigo e Cangas, as de maior contaxiados de Galicia e que foron intervidas pola Xunta. Dos 22.000 usuarios das residencias galegas 441 son casos positivos e 38 persoas faleceron.


 

Noticias web

03/04/2020