CRTVG

Buscar

A reprogramación das rutas de Renfe, incompatible cos horarios dos sanitarios

Publicado o 27/03/2020 20:40

A partir de hoxe Renfe ofrécelle prazas de balde ao persoal sanitario para facilitarlle o desprazamento por motivos laborais. Durante o estado de alarma, os médicos, os auxiliares e o persoal de enfermería e de laboratorio non pagarán o billete de tren. Esta medida coincide coa reprogramación das rutas a partir do domingo. Un grupo de profesionais sanitarios denuncia que os novos horarios son incompatibles coa súa quenda laboral.

Noticias web

27/03/2020