A Rede Galega pola Investigación insta a un pacto para aumentar o investimento en ciencia
Publicado o 06/11/2020 15:23

No Parlamento segue traballando a Comisión de Reactivación. Estes venres, a representante da Rede Galega pola Investigación, Elena Lendoiro, pediu un pacto político para aumentar o investimento para a ciencia.
Puxo como exemplo o norte de Portugal, que lle dedica un 1 e medio por cento da súa produción de riqueza fronte ao 0,9 por cento galego.
Alertou tamén do alto índice de precariedade no emprego.
Máis sobre actualidade
07/03/2021 10:53
07/03/2021 10:03
07/03/2021 09:59