CRTVG

Buscar

A recuperación de Santiago de Albá, un exemplo de bioconstrución

Publicado o 16/07/2020 21:31

Na construción das casas non se empregou ferro, non hai forxados, só se usaron materiais coma a pedra, madeira maciza ou cortiza nos illamentos.
Empregan enerxía solar para a auga quente e fotovoltaica para a electricidade.

En cada cuarto píodese cortar a entrada de corrente para diminuír a incidencia de campos electromagnéticos. Esta é a filosofía coa que Xosé Luis rehabilitou catro casas na aldea de Albá, un xeito de completar un proxecto que iniciou coa creación dunha fábrica de queixos e iogures ecolóxicos hai máis de trinta anos.

Precisamente hoxe hai un obradoiro de queixo. Os cativos cortan a masa e aprenden para sempre como se fai o queixo.
Xosé Luis trata de integrar todos os elementos, tamén a horta, sempre insistindo na importancia de respectar e coidar.

A responsabilidade que dá a consciencia de que vivimos nun planeta prestado que hai que devolver o mellor posible
 

Noticias web

16/07/2020