CRTVG

Buscar

A Real Filharmonía de Galicia celebra o 250 aniversario de Beethoven co cuarteto Quiroga

Publicado o 12/02/2020 15:19

A Real Filharmonía de Galicia celebra con tres concertos especiais o 250 aniversario do nacemento de Beethoven. A orquestra estará acompañada polo Cuarteto Quiroga, un prestixioso conxunto no escenario internacional da música de cámara.

O Cuarteto Quiroga, chamado así como homenaxe ao gran violinista galego Manuel Quiroga, é o conxunto español de cámara con máis recoñecemento internacional. Xunto coa Real Filharmonía de Galicia ofrecerán tres concertos para celebrar o 250 aniversario do nacemento de Beethoven. Interpretarán a obra Absolut Jest, do compositor norteamericano John Adams, con quen comparten a súa visión da música sen fronteiras ríxidas entre o culto e o popular.

O primeiro concerto do Cuarteto Quiroga coa Real Filhamonía será mañá no Auditorio de Galicia. O venres estarán no Auditorio Afundación de Vigo. O sábado rematarán esta homenaxe a Beethoven no Pazo da Ópera da Coruña.

Noticias web

12/02/2020