CRTVG

Buscar

A reactivación do turismo en Galicia, destino seguro e novos planeamentos para o Xacobeo

Publicado o 18/11/2020 15:19

En Galicia, o clúster de Turismo e as tres universidades galegas marcarán as liñas estratéxicas para a reactivación do sector turístico tras a pandemia da covid-19. Unha das súas prioridades será a reformulación dos plans previstos para o Xacobeo 2021. 

O Clúster de Turismo de Galicia quere ter as cousas claras para reactivar o sector conforme a pandemia o permita. E para trazar as liñas estratéxicas desa recuperación vai traballar en coordinación coas tres universidades. Farán un estudo das necesidades das empresas, do nivel de desenvolvemento de cada destino e tamén unha análise de tendencias e novos hábitos dos clientes.

O Plan director 2021-2023 aspira a contar cos fondos de recuperación europeos. O seu obxectivo central será acreditar que Galicia é un destino seguro e din que nese sentido o modelo turístico galego xa achega un plus de partida.

Contan ter as primeiras propostas listas para finais de ano e unha segunda fase para Semana Santa, para aplicalas en consonancia coa evolución da pandemia.

Noticias web

18/11/2020