CRTVG

Buscar

Galicia está en festas e a rapa das bestas de Sabucedo é a cita ineludible deste domingo

Publicado o 07/07/2019 15:28

O primeiro domingo de xullo no concello da Estrada vívese un dos momentos máis agardados do ano: a rapa das bestas de Sabucedo. Unha celebración tradicional que busca ser declarada Ben de Interese Inmaterial e que xa é Festa de Interese Turístico Internacional, que se desenvolve desde o sábado ata o luns. O curro, ao que asisten milleiros de curiosos, turistas e achegados dos "aloitadores" ten carácter solidario para o Banco de Alimentos.

Os homes e mulleres que salten ao curro teñen como obxectivo arrincar as longas crinas dos cabalos e marcar aqueles que aínda non o estean, para despois volvelos ceibar nos montes á espera de que a manda creza e regresen o ano seguinte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/07/2019