CRTVG

Buscar

A Raíña preside a entrega dos Premios Princesa de Xirona

Publicado o 28/02/2020 21:14

A raíña Letizia veu á Coruña para presidir a entrega do premio Fundación Princesa de Xirona 2020 ao enxeñeiro Guillermo Martínez, que fabrica próteses en 3D para persoas sen recursos. Estes premios recoñecen o valor social dos mozos e as súas iniciativas para axudar os maiores. Neste acto, a Raíña tamén estivo acompañada do presidente da Xunta. Os dous conversaron cos mozos para coñeceren as súas inquedanzas. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020