CRTVG

Buscar

A quebra de Thomas Cook preocupa a industria turística española, sobre todo, nas Canarias

Publicado o 24/09/2019 15:14

Case 32.000 turistas foron repatriados entre onte e hoxe ao Reino Unido nos voos fretados polo Goberno británico, dentro da operación para retornar ao país 135.000 afectados pola quebra de Thomas Cook. Nos aeroportos de todo o mundo sucédense as ringleiras de pasaxeiros que intentan regresar aos seus fogares tras unhas vacacións sorprendidas pola caída do segundo operador mundial de viaxes.

A bancarrota ten repercusións inmediatas no sector turístico español. Dos sete millóns de persoas que o grupo trae anualmente a aeroportos españois, catro millóns van ás Canarias, a comunidade máis afectada. Ao sector turístico preocúpalle, primeiro, o cobro dos servizos que deixa pendente Thomas Cook, e segundo, buscar incentivos para paliar o impacto da quebra. Así llo trasladaron á ministra de Industria na reunión que hoxe celebrou cos conselleiros e empresarios das comunidades afectadas.

A quebra de Thomas Cook non vai ter apenas impacto directo no sector turístico en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019