CRTVG

Buscar

A provincia de Pontevedra mantén o aviso laranxa na costa ata mañá

Publicado o 04/12/2020 17:16

Na provincia de Pontevedra hai aviso laranxa na costa e un descenso importante das temperaturas.

Un aviso laranxa que nos deixa un espectáculo no mar, que se manterá ata mañá á medianoite e que se debe ao forte vento do noroeste combinado co mar de fondo.

En cabo Silleiro, en Baiona, este mediodía había refachos de 72 quilómetros por hora e as ondas chegan aos 8 metros e medio de altura.

En canto á temperatura, experimentou un decenso importante. A máis baixa rexistrouse nas Neves e Fornelos de Montes, con 0 graos.

Isto únese ás intensas chuvias que nos acompañarán polo menos ata o domingo, cando poderían darnos un pequeno respiro.

Noticias web

04/12/2020