CRTVG

Buscar

A provincia de Lugo abrangue o 40% das incorporacións á actividade agrícola

Publicado o 30/09/2020 19:52

Iván é un dos mozos lugueses que decidiu poñerse ao fronte da explotación familiar no canto de buscar un traballo diferente, como fixeron a maioría dos seus veciños e amigos. Na súa granxa de vacas de leite apostou persoalmente pola mellora xenética e un dos froitos é esta xata que está entre as 10 mellores de España. Tamén aposta polas redes sociais e Internet para dar a coñecer o seu traballo ou, por exemplo, por ofrecer descontos no famoso black friday. E é que, asegura, a tecnoloxía é o futuro do campo.

Iván Río Lorenzo, gandería Casa Gabino: "En todos os sectores a tecnoloxía é fundamental. Hai anos viamos os robots para muxir e agora están en todos lados. Programas de xestión, todo tipo de aplicacións... as novas tecnoloxías son fundamentais".

Nos últimos dous anos foron 31 os mozos que se incorporaron ao campo só no concello de Friol. Para facelo, contan con axudas dun mínimo de 20.000 euros para menores de 41 anos e con programas de formación e asesoramento. Ademais, unha de cada dez explotacións ten de titular unha persoa menor de 30 anos e máis do 40% teñen unha muller á fronte.

"Moita xente pregunta por que non busco outro traballo, que este é moi suxeito. Pero, podendo traballar no que me gusta, non vexo para que vou cambiar. Lévase mellor".

A Xunta destina este ano 14 millóns de euros para axudas aos novos gandeiros e labregos.

Noticias web

30/09/2020