CRTVG

Buscar

A produción de vehículos en España caeu un 98 % en abril

Publicado o 25/05/2020 12:49
A produción de vehículos en España caeu un 98 % en abril

A produción de vehículos en España caeu un 98 % en abril respecto ao mesmo mes de 2019, ata situarse en mínimos históricos (4.844 unidades) a causa do peche total da industria ante a expansión da pandemia do coronavirus, segundo informou este luns a patronal de fabricantes Anfac.

Segundo Anfac, esta evolución, que demostra a "especial debilidade en que se atopa a industria da automoción española", pasa factura á produción acumulada, que nos catro primeiros meses caeu un 33,6 % respecto ao ano anterior, ata as 652.057 unidades, motivo polo que pide un plan de choque nacional con medidas de estímulo á demanda e de mantemento do sector.

En abril, tamén caeron as exportacións na mesma medida que a produción, xa que se enviaron fóra das fronteiras españolas 3.753 vehículos, un 98 % menos ca no mesmo mes do ano pasado.