CRTVG

Buscar

A primeira morte con Covid-19 desde o domingo eleva a 615 o total de vítimas en Galicia

Publicado o 26/05/2020 20:21

• Sete enfermos permanecen en UCI e outros 52 en planta

• Nas últimas horas certificáronse 24 curacións

A primeira morte con Covid-19 desde o domingo eleva a 615 o total de vítimas en Galicia

Tras non rexistrar falecementos por COVID-19 desde o domingo, unha nova morte na tarde deste martes eleva a 615 o total de vítimas mortais do virus en Galicia (483 en atención hospitalaria e 132 dentro de residencias de maiores).

A última vítima, rexistrada este mércores, é un home de 72 anos que estaba ingresado no CHUVI e presentaba patoloxías previas.

Por outra banda, segue en descenso o número de casos activos. A día de hoxe, o Sergas contabiiliza 834 casos, 20 menos ca onte. Permanece estable o número de usuarios afectados nas residencias, 73 persoas, e baixa en dous, ata 60, a cifra de traballadores destes centros afectados.

Por áreas sanitarias, a distribución é a seguinte:

• Vigo: 250 (-5).

• A Coruña: 207 (=).

• Ourense: 121 (-6).

• Santiago: 137 (-8).

• Lugo: 58 (=).

• Pontevedra: 36 (=).

• Ferrol: 25 (-1).

Só hai 7 pacientes na UCI, catro menos ca onte, e 52 en unidades de hospitalización, cun descenso de oito respecto da xornada anterior. Un total de 775 (-8) pacientes permanecen no seu domicilio. O rexistro de persoas que superaron a enfermidade reflicte xa 9.764 curacións, 24 na última xornada.

O número de PCR realizadas, dez semanas despois da declaración do estado de alarma, é de 136.059, 595 nas últimas 24 horas.