CRTVG

Buscar

A primeira fábrica de cánnabis medicinal da Unión Europea abrirá en Portugal este mes

Publicado o 08/04/2019 22:34

A primeira fábrica de cánnabis medicinal da Unión Europea abrirá en Portugal este mes. Despois de que se aprobara a lei de utilización desta planta para doentes, o Goberno dá luz verde á apertura da factoría.

Abrirá dentro duns días aquí, no polígono industrial de Cantanhede, a 30 quilómetros de Coímbra. A planta procesadora de cánnabis creará 200 postos de traballo e será a primeira deste tipo instalada en territorio comunitario. A empresa é canadense e instalarase cun investimento de 20 millóns de euros.

Aquí en Portugal xa existen 4 plantacións autorizadas, pero esta será a primeira unidade de trasformación do cánnabis para uso medicinal e investigación. Hai dous meses que os doentes poden pedir o tratamento deste tipo, pero non se expediu polo de agora ningunha receita. O principal motivo, din os enfermos interesados, é que o cánnabis procesado non fai o mesmo efecto que se o fuman e vense obrigados a obtelo clandestinamente.



 

Noticias web

08/04/2019